top of page

Que é o Plan de Animación Sociocultural do Centro Penal de Monterroso?

Nun contexto social tan particular como é a prisión, confiamos na animación sociocultural como estratexia de traballo que permite acrecentar as posibilidades de educación, no respecto aos dereitos da persoa.

​

Sabendo das dificultades que impón este contexto (centralidade no control, illamento social, falta de autonomía, impactos sobre a persoa, queime profesional), a experiencia na prisión de Monterroso é unha mostra elocuente das posibilidades desta metodoloxía na mellora das condicións de convivencia.

​

A través dun proceso de investigación - acción - participativa, a comunidade penitenciaria (presos, persoal de Interior, equipo técnico e entidades externas) implicouse na análise da súa realidade co obxectivo de transformala. Dese proceso de reflexión naceron liñas de acción que buscan mellorar as posibilidades de educación en prisión:

Educar para a participación

Formando ás persoas presas para impulsar os seus propios proxectos. Así nace a Radio LibreMente e a oferta físico-deportiva de verán.

Abrir a prisión á comunidade

Incorporando a prisión aos circuítos socioculturais municipais e apoiando proxectos de voluntariado e de aprendizaxe servizo.

Apoiar a formación e escolaridade

A través de accións de coordinación e información, iniciativas de reforzo educativo e orientación formativo-laboral.

Promover o avance social

Investigar, sensibilizar e formar para promover un cambio do modelo de prisión, dende a mirada educativa.

Recoñécese que a principal transformación que se produce nun proceso de Animación Sociocultural é a que vivimos nós mesmas como persoas (profesionais e persoas presas), na nosa forma de comprender a realidade, de relacionarnos, de organizarnos, de manexar as nosas cotas de poder, de implicarnos na dinámica colectiva de mellora da convivencia e das posibilidades educativas.

 

Pártese de que algunhas das barreiras para a educación neste ámbito non se sitúan na persoa, senón na propia natureza dunha institución orientada á reclusión, polo que se aposta pola participación comunitaria como experiencia de transformación e mellora.

 

Isto implicou tamén unha aposta decidida por parte da directiva do centro penitenciario e dos/as seus profesionais, por incorporar pequenas transformacións que melloren a realidade do centro, acrecenten as posibilidades de participación e incorporen a óptica da educación social.  

Debemos considerar que as persoas privadas de liberdade, que se atopan en situación de peche pero tamén de castigo social, disciplinamento, control e segregación, moi a miúdo son privados, polas propias estruturas e dinámicas, das accións educativas necesarias e da recreación cultural ás que teñen dereito polo simple feito de ser seres humanos. (…) A educación ten como fin propio o desenvolvemento integral das persoas, neste caso, as persoas presas e, baixo ningún concepto, podemos admitir a negación deste dereito, do que debe ser garante o Estado, afastándonos da idea de concibir a educación como unha tecnoloxía de carácter terapéutico asociada á boa ou mala conduta no interior das prisións, obviando  cuestións que precisan unha maior análise, como poden ser as condicións de vida referidas á submisión, obediencia, control social que moito teñen que ver coas situacións de peche.

Solves e Valverde, Educación social en centros penitenciarios, Revista de Educación Social, 22, 2016

Onde estamos?

Centro Penal de Monterroso

O Centro Penal de Monterroso está sito no concello homónimo, afastado –como adoitan estar estes espazos– dos núcleos de poboación.  

 

É unha prisión pequena, con en torno a 200 persoas reclusas, todos homes. Proxectada nas súas orixes como prisión de menores, conta cunha infraestrutura máis humana que os grandes macrocentos nos que se encarcela a miles de persoas.

​

Estas calidades aportan un clima de convivencia máis tranquilo que noutras cadeas, facilitador dun mellor trato entre as persoas que a habitan, pero tamén fai que reciba menos recursos e oferta educativo-formativa.

​

Un centro coa mirada posta na mellora permanente, que busca a incorporación de pequenos cambios que acrecenten as posibilidades educativas e de participación e a apertura a iniciativas externas.

Quen impulsa esta iniciativa?

Entidades promotoras

Somos un grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela, que pretendemos desenvolver unha actividade científico-académica comprometida e innovadora, propondo estratexias que sexan útiles para a sociedade, o benestar e a calidade de vida da poboación.

Aliad Ultreia

Somos unha asociación que traballamos pola mellora da calidade de vida de persoas reclusas e ex-reclusas, persoas con problemas de trastornos aditivos e mulleres vítimas de violencia de xénero.

Levamos anos de traballo nas prisións de Bonxe e Monterroso, desenvolvendo proxectos de preparación á liberdade.

  • Facebook
  • Twitter

Grupo 
SEPA-interea

Somos un grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela, que pretendemos desenvolver unha actividade científico-académica comprometida e innovadora, propondo estratexias que sexan útiles para a sociedade, o benestar e a calidade de vida da poboación.

  • Facebook

O grupo de investigación ECIGAL da Universidade da Coruña (España) dedicámonos a promover e investigar a Educación para a Cidadanía Global (ECG) e outras educacións críticas e transformadoras. Entendemos que a ECG é unha estratexia ética de transformación ecosocial, a través da aprendizaxe colaborativa e comprometida coa construción de sociedades xustas e solidarias. 

Entidades financiadoras

Este proxecto contou desde os seus inicios co financiamento da Obra Social A Caixa, a través da Convocatoria de interculturalidad y acción social, (2011, 2013, 2015, 2017 e 2019) dirixida a impulsar proxectos que fomenten a convivencia cidadá intercultural e o desenvolvemento social, e que potencien a igualdade de oportunidades para todas as persoas, para promover unha sociedade presente e futura máis xusta e cohesiva.

Entidades colaboradoras

Asociación-Melisa.png
escola-radio-CUACFM.png
Trópico_de_grelos.jpg
Clara%20copena_edited.jpg
logo_monterroso.png

E, todas as persoas voluntarias que fan isto posible

Entre elas...

cristina collazo.jpg

Cristina Collazo Gómez

Dende que se presentou en 2015 á convocatoria de voluntariado, dinamiza anualmente obradoiros de monicreques e teatro na Unidade Terapéutica e Educativa.

Julia.JPG

Julia Lacleta Busto

No ano 2018 enganchouse á iniciativa impulsada polos presos formados como monitores de tempo libre: a radio comunitaria. E así pasou a ser membro activa desta iniciativa.

trópico_de_grelos2.jpg

José Togores Hernani

Coñeceu a iniciativa do Plan de Animación Sociocultural e trouxo a súa proposta: dinamizar unha escola de percusión no centro. Agora xa van pola súa segunda edición.

andreaverdu_edited.jpg

Andrea Verdú Morante

Comezou no 2015 cun obradoiro de canto e música. Enganchouse a esta experiencia e dende aquela dinamiza o proxecto Armonía2, achegando o traballo de grupos musicais galegos ás prisións.

Iniciativa de:

logodefinitivo_horizontal-07_edited.png
03_Simbolo_logo_cor.png
ecigal_orixinal.png

Financia / Colabora:

Convocatoria de interculturalidad y acción social

2013, 2015, 2017, 2019, 2021

Contacto:

Teléfono: 982 251 948

Asociación Aliad Ultreia. Rúa Milagrosa, 99-101. CP. 27003, Lugo

bottom of page