top of page

Dinamización da comunidade-prisión

O Plan de Animación Sociocultural busca ser unha experiencia real de participación comunitaria.

Enténdese por comunidade-prisión ao conxunto de colectivos que conviven neste territorio, tanto as persoas presas, como os/as profesionais do centro ou de entidades externas colaboradoras.

 

Desde os inicios da experiencia, os diferentes colectivos organizáronse a través de:

Grupos de investigación participativa (2013-2014)

Proceso de IAP a través do que se analizaron os canais de comunicación e coordinación, as estruturas de poder, o rol educativo do persoal de Interior, as resistencias ao cambio da institución e os recursos que ofrecen entidades externas. Os resultados deste diagnóstico derivaron no deseño das liñas de acción do Plan de Animación Sociocultural.

Comité Mixto (2015 - ...)

Grupo encargado do deseño, coordinación e seguimento do Plan de ASC, conformado por representantes de todos os colectivos que conforman a prisión (persoas presas, directiva do CP, equipo técnico, persoal de Interior, entidades externas e universidade).

Convértese nun espazo de diálogo entre colectivos, para a aproximación de posturas e toma de acordos

Promoción do traballo en rede (2018- ...)

Conformado por todas aquelas entidades con responsabilidade, ou que están a impulsar iniciativas de educación nas distintas prisións galegas. Realizamos un seminario inicial no que nos xuntamos para dialogar, formarnos e compartir, sempre coa mirada posta en fortalecernos a través do traballo en rede. No 2020 prevese unha nova edicción do Seminario, orientado a crear unha rede de traballo.

Dinamización comunitaria

Educar para a participación

A participación social convértese nun motor clave de aprendizaxe. É a forma de aprehender o mundo, de desenvolver unha mirada crítica, de adquirir competencias e habilidades sociais (de comunicación, de diálogo, de escoita, de empatía), de adquirir un compromiso respecto as realidades das que formamos parte, de autorrealizarnos.

Pero para que se dea a participación ten que haber posibilidades para facelo. As prisións son contextos tremendamente limitantes da participación, da autonomía, da posibilidade de organización social. Faise preciso conquistar oportunidades para unha participación real, non limitada á mera asistencia a propostas xa pautadas, senón que permita o impulso de iniciativas propias, entroncadas cos intereses de quen as promove.

E para que exista participación é preciso tamén ter adquiridas as habilidades así como o interese por participar. A participar tamén se aprende, e se aprende participando, a través de procesos pedagóxico-prácticos de acción social.

2015-2016

Convocatoria de acción voluntaria

2017-2018

2019-2020

Curso de monitores de tempo libre
Podcast LibreMente
Radio comunitaria LibreMente (formación + emisora)
Programación deportiva de verán 
(formación + actividades)
Actividades deportivas de verán
Educar participación

Apertura da prisión á comunidade

Esta liña de traballo atende a dous obxectivos:

  • Abrir o centro á comunidade da que forma parte, reducindo o illamento social desta institución. Isto ten lóxicos beneficios sobre as persoas presas, pero tamén sobre a sociedade en xeral, ao reducir as barreiras e prexuízos sobre a realidade das prisións e das persoas –profesionais e presos- que as integran.

 

  • Impulsar novas iniciativas de carácter cultural, deportivo e formativo, incrementando as posibilidades de participación e educación, así como o contacto con persoas e colectivos referentes no ámbito da cultura e o deporte.

Na procura do intercambio entre a prisión e a comunidade, desenvólvense as seguintes propostas:

Incorporación aos circuítos socioculturais municipais

Entendéndoa como unha institución máis do Concello de Monterroso, que aglutina a unha cidadanía que ten dereito a recibir e participar da oferta socioeducativa e cultural. Así o Concello de Monterroso colabora achegando actividades da súa programación ao centro, e favorecendo o encontro coas entidades sociais e culturais do concello.

Convocatoria de acción voluntaria 

 

Ata a data, dende o 2016 incorporáronse 14 iniciativas a través desta convocatoria, contando coa implicación de 27 persoas voluntarias, que desenvolveron proxectos de carácter trimestral. Varias destas propostas chegaron para quedar, repetíndose cada ano.

Participación comunitaria

Oportunidades de aprendizaxe

Pensamos que a prisión debe garantir a educación e formación, como elemento de desenvolvemento persoal e de reinserción social. Tamén somos conscientes de que nisto se atopa con enormes dificultades: persoas con traxectorias de fracaso escolar, con escasa motivación cara a aprendizaxe, persoas que interiorizaron ao longo da súa traxectoria “eu para isto non valgo” “este non é o meu lugar”.

 

Con este proxecto quixemos impulsar iniciativas de reforzo e motivación, onde ilusionarse coa adquisición de novos coñecementos. Todo elo coa mirada posta na garantía do dereito a unha educación, pois sen isto todo discurso sobre reinserción non é real.

E o facemos a través das Aulas Abertas, un espazo de aprendizaxe no que compartir con persoas relevantes do eido da ciencia, a cultura e o deporte. 

24 novembro 2021. Aula aberta Aroa.JPG
Apoio escolaridade

Promoción do avance social 

Esta experiencia inscríbese no Centro Penal de Monterroso, pero a súa mirada supera eses límites. Pretende ser unha experiencia de reflexión e acción que nos permita fundamentar outra forma de organización e traballo nas prisións, que reforce a súa dimensión educativa.

 

Desta forma, no marco do presente proxecto desenvolvemos traballo de investigación; accións educativas e formativas dirixidas a profesionais do ámbito; accións de sensibilización social e promoción da participación neste contexto; e accións de comunicación e divulgación desta experiencia, no ámbito profesional e universitario.

Destaca nesta liña o Seminario “Educacións en prisión. Experiencias en Galicia”, no que nos xuntamos diversas entidades do sector asociativo e de EPAPUs das prisións para afondar e reivindicar o valor da educación como elemento primordial na función (re)educadora da prisión; analizar os límites e potencialidades das accións educativas neste contexto; e divulgar e compartir as iniciativas que se están a desenvolver en Galicia. O fixemos coa mirada posta en crear unha rede ou dinámica de traballo conxunto que nos permita fortalecer o traballo educativo nas prisións galegas.

Libo_Animación_Sociocultural_prisión.jpg
Libro no que se recolle a experiencia
Articulo_RES.JPG
Cartel_SEminario_Educación_prisión.JPG
Publicacións, entrevistas e outros materiais de divulgación
Seminario
Avance social
bottom of page