top of page

Unha experiencia sustentada na participación comunitaria

Esta iniciativa é posible gracias a implicación da comunidade.

  • Da comunidade-prisión, composta polas persoas presas, por profesionais do centro e de entidades externas colaboradoras, que participan na análise das súas realidades, na elaboración do Plan de Animación Sociocultural e nas iniciativas impulsadas.

  • Da comunidade local, do concello de Monterroso, dende as administracións á cidadanía, que avanza por entender a prisión como unha entidade máis do territorio á que é preciso achegar a oferta sociocultural do concello.

  • Da comunidade máis ampla, conformada por todas aquelas persoas e colectivos galegos preocupados polo que acontece coas prisións e coas persoas que nelas moran, que impulsan de forma voluntaria proxectos deportivos, formativos e culturais, que acrecentan as posibilidades de participación e educación en prisión.

Desenvolvendo proxectos formativos, culturais ou deportivos

Preferentemente en horario de tarde, que é cando hai menos actividade.

Propostas de calidade, estables, que promovan a participación activa das persoas presas.

Achegando a oferta cultural do territorio

Supón entender a prisión como un espazo máis da nosa comunidade, ao que achegar a cultura.

Grupos musicais, asociacións culturais e deportivas, etc., colaboran coa prisión nesta liña.

Ofrecendo actividades de reforzo educativo

En coordinación coa escola do centro, entendendo a formación básica como elemento clave no desenvolvemento persoal e de integración social.

Reflexionando, investigando, formándo(te) e reivindicando a  educación en prisión 

Para persoas con inquedanzas por este contexto, comprometidas co cambio cara un novo modelo de prisión.

Posibilidades de participación tan diversas como diversas somos as persoas

Escríbenos coa túa proposta!

Grazas pola túa mensaxe!

bottom of page