O mes pasado, o 6 de xullo, tivo lugar a última Aula Aberta do curso antes de facer unha pequena parada en agosto, para arrincar en setembro con utro novo ciclo de Aulas.
Nesta ocasión contamos con Javier Rouco, mestre de infantil e profesor na UDC, para dinamizar unha sesión moi orixinal no seu planteamento, que ten como base a pregunta e o cuestionamento sobre as cousas. Así, dende o minuto 1 comezou unha especie de partido de tenis grupal onde preguntas e respostas, como pelotas, botaban por diferentes puntos da sala, dando posibilidade así á reflexión sobre unha variedade de temas: como aprendemos, para que sirven as guerras, cales son os principais problemas do mundo...
Non quixemos deixar pasar a oportunidade de facerlle unha entrevista a Javi para a nosa radio LibreMente. Ese día, os rapaces da UTE non puideron facerlla pero dende o equipo do Plan de Animación Sociocultural xa nos encargamos da tarefa e deixar constancia desta xornada estupenda. Aquí comparto a entrevista a Javi, emitida posteriormente polas ondas na Radio LibreMente do C.P. de Monterroso. Que vos guste!
En setembro...máis.
Commenti