top of page

Da idea ao proxecto

  • Writer: Plan de ASC
    Plan de ASC
  • May 16, 2018
  • 1 min read

Xa está a piques de rematar o curso de dinamizador de actividades de tempo libre na prisión de Monterroso. Agora é o momento de planificar as prácticas, e para elo contamos cunha voluntaria, Raquel Donallo, que nos axuda a facer emerxer e a concretar as diferentes propostas de actividades de tempo libre. 

Dende Cestola na Cachola, unha cooperativa galega, chega esta rapaza que traballa e milita no eido da economía social e solidaria e o consumo consciente. A través de diferentes dinámicas traballou co grupo de presos, derivando nunha proposta de actividades que concretaron nos seguintes días coa profesora do curso, Paula Polo. 

Pronto poderemos presentar a oferta de actividades de lecer que dinamizarán os presos no centro.



Comments


Iniciativa de:

logodefinitivo_horizontal-07_edited.png
03_Simbolo_logo_cor.png
ecigal_orixinal.png

Financia / Colabora:

Convocatoria de interculturalidad y acción social

2013, 2015, 2017, 2019, 2021

Contacto:

Teléfono: 982 251 948

Asociación Aliad Ultreia. Rúa Milagrosa, 99-101. CP. 27003, Lugo

bottom of page