top of page

Dando vida á prisión dende a participación.

  • Writer: Plan de ASC
    Plan de ASC
  • Jul 5, 2018
  • 1 min read

O tempo libre, concepto que en inicio ten connotacións positivas, pode converterse en prisión na tortura dun tempo baleiro e desprovisto de sentido. Afortunadamente, en ALIAD ULTREIA contamos cun VOLUNTARIADO TRANSFORMADOR que contribúe a encher os tempos de vida na cadea de oportunidades de educación e desenvolvemento persoal e comunitario. Club de cine, curso de habilidades comunicativas e de xestión da voz, obradoiro de música, obradoiro de títeres, radio comunitaria, colaboracións en actividades artísticas e deportivas, saídas programadas... Queres sumar a túa proposta?

Pero a prisión non se enriquece únicamente coas propostas de fóra. O grupo de Monitores de tempo libre ofrece este ano unha ampla oferta de actividades: atletismo, voleibol, gymkana, axedrez, actividades artísticas, etc. Actividades que serán dinamizadas por eles mesmos e contarán coa colaboración de persoas do exterior. Contamos con que monitores e participantes disfruten desta experiencia.



Comments


Iniciativa de:

logodefinitivo_horizontal-07_edited.png
03_Simbolo_logo_cor.png
ecigal_orixinal.png

Financia / Colabora:

Convocatoria de interculturalidad y acción social

2013, 2015, 2017, 2019, 2021

Contacto:

Teléfono: 982 251 948

Asociación Aliad Ultreia. Rúa Milagrosa, 99-101. CP. 27003, Lugo

bottom of page