Xa se poden escoitar os programas producidos polos internos da prisión de Monterroso durante o ano 2020. A Covid impactou no desenvolvemento do taller de radio, pero a pesar das dificultades logramos realizar esta serie de programas. Estos, son produto de meses de traballo en equipo, de entendemento, de aprendizaxe, de diálogo...
É unha oportunidade para coñecer a vida en prisión contada en primeira persoa. De alí se desprenden os gustos, as preocupacións, os intereses e os medos das persoas que arrastran longos períodos de condea.
Agardamos que vos guste tanto como a nós facelo!
Comments