Cristina Collazo, actriz e profesora de teatro, leva dende o 2016 enchendo de alegría e aprendizaxe a UTE do centro penitenciario de Monterroso, dentro das Inciativas de Acción Voluntaria do Plan.
A área de cultura da Deputación de Lugo concédelle unha subvención para dar continuidade ó seu proxecto ó longo de catro meses e acompañámola no acto de presentación. Estamos moi contentas por ela e porque teña a oportunidade de prolongar no tempo esta magnífica experiencia. Noraboa Cris!
Comments