top of page

Nova firma de Convenio coa Obra Social La Caixa. Un compromiso compartido.

  • Writer: Plan de ASC
    Plan de ASC
  • Oct 9, 2019
  • 1 min read

Onte tivemos a firma do convenio con "la Caixa", reforzando un apoio que nos permitirá dar continuidade ao Plan de Animación Sociocultural na prisión de Monterroso, xunto a SEPA-interea. Nesta nova fase: 👉 búscase reforzar con actividades formativas a radio comunitaria LibreMente e as actividades deportivas de verán, dúas iniciativas impulsadas polos presos capacitados como monitores de tempo libre na fase anterior. 👉 darase continuidade aos proxectos de voluntariado e á incorporación da prisión aos circuítos socioculturais municipais, experiencias que acrecentan as oportunidades de participación e o intercambio coa comunidade. 👉 preocupadas polo escaso nivel formativo da maioría da poboación reclusa, que non ten o graduado en ESO, nesta ano incorporamos o traballo de información e motivación cara a escolaridade, así como o apoio a iniciativas de reforzo educativo. 👉 e, coma sempre, continuaremos coas accións dirixidas a investigar, formar, sensibilizar e reivindicar un novo modelo de prisión, que poña no centro a EDUCACIÓN.


Comments


Iniciativa de:

logodefinitivo_horizontal-07_edited.png
03_Simbolo_logo_cor.png
ecigal_orixinal.png

Financia / Colabora:

Convocatoria de interculturalidad y acción social

2013, 2015, 2017, 2019, 2021

Contacto:

Teléfono: 982 251 948

Asociación Aliad Ultreia. Rúa Milagrosa, 99-101. CP. 27003, Lugo

bottom of page