Traballo en Rede a través do Consello Social
- Plan de ASC
- Jul 23, 2018
- 1 min read
Hoxe tivemos a oportunidade de dialogar coas outras entidades que traballan no centro penal de Monterroso (Alcólicos Anónimos, APCA, Reiki, ...) na reunión semestral do Consello Social. Puidemos coñecer o traballo que están a desenvolver e presentarlles as novas iniciativas do Plan de ASC. Aproveitamos especialmente para convidalas a participar do Seminario sobre Educacións en prisión que estamos a organizar para o mes de outubro.

Comments